- PRESELECCIÓN
GALEGA INFANTIL
O
larachés, Mateo Cambón Domínguez, que milita no equipo infantil do CB Artai, foi seleccionado para acudir
coa preselección Galega en categoría Infantil Masculina a concentración que
terá lugar en Pola de Siero os días venres, sábado e domingo días 6-7-8 de
decembro de 2019. Todos os xogadores convocados están citados o venres día 6 de
decembro ás 16:00h. no Estadio Multiusos de San Lázaro,en Santiago de
Compostela A concentración, para a que todos os xogadores deberán vir provistos
de roupa deportiva axeitada, rematará ás 18:00h. do domingo dia 8 de decembro,
horario establecido para poder recoller aos xogadores no Estadio Multiusos de
San Lázaro en Santiago de Compostela. A preselección participará no Torneo que
organiza a Federación Asturiana na localidade de Granda(Siero) e estarán
aloxadas no Colegio Palacio de Granda. O Torneo dispútase os días 7 e 8 de
decembro na citada localidade, xogando partidos contra as seleccións invitadas. Este é o calendario do torneo
“TORNEO SIERO” INFANTIL MASCULINO
07/12/
2019
(10:00 h)
EUSKADI - CASTILLA Y LEON
(12:00 h)
ASTURIAS - GALICIA
(16:00 h)
ASTURIAS - EUSKADI
(20:00 h)
CASTILLA Y LEON - GALICIA
08/12/
2019
(09:45 h)
GALICIA - EUSKADI
- PDC AUTONÓMICO
CADETE 1º ANO
Mario
Penedo Varela, do noso equipo cadete, foi seleccionado para acudir ao
PDC AUTONOMICO 2005 MASCULINO que terá lugar en A Estrada o venres día 6 de
decembro de 2019 ás 11:30h no Pavillón Manuel Coto Ferreiro. Dita actividade
está dirixida a xogadores nados no ano 2005 e serve coma seguemento da dinámica
que realiza a Area Deportiva nas distintas Areas Xeográficas durante toda a
temporada, e co obxectivo de manter o control e seguemento sobre eles. As
sesións de adestramento, serán dirixidas por técnicos integrados na Area
Deportiva da FGB de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 20:00h. Todos os xogadores
convocados están ás 11:30h e os recollerán as 20:30h no citado pavillón.
Comentar que o adestrador encargado
deste grupo é o o técnico do noso club, Iván Villaverde Cores.
No hay comentarios:
Publicar un comentario