miércoles, 14 de octubre de 2015

Wibo será a equipación oficial dos equipos do club

Comezamos unha nova temporada, a décimo quinta, no Club Baloncesto Artai, todo un logro para o noso colexio e para os nosos xogadores, tanto os que pasaron como os que están no club. Cos equipos xa adestrando con total normalidade e informamos dos seguintes aspectos


Esta temporada cambiamos a equipación (Zico) e o chándal do club (Luanvi) que dende esta temporada será Wibo .A partir do 15 de outubro podedes pasar polo pavillón do colexio para probar as tallas da nova indumentaria e pare ver o novo modelo. Os horarios para facelo serán os días de adestramento dos benxamíns e alevíns (luns, mércores e xoves) de cinco a sete da tarde. A data límite para facer o pedido será o xoves 29 de outubro.Non será obrigatoria a súa compra podendo os xogadores xogar coa indumentaria da temporada pasada sen ningún tipo de problema.A equipación será reversible, usando como camiseta de xogo oficial a azul e como reserva a equipación verde de Carballo Basket.

Lembrade que como todos estes anos podedes consultar toda a información do club nos seguintes lugares:

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Victoria en el derbi ante Xiria por 54 a 67

  2ª DIVISIÓN CADETE MASCULINO-CUARTOS DE FINAL-VUELTA COPA PREMIUM BASKET XIRIA CADETE MASCULINO : 54 CARNICERÍA DANIEL ARTAI : 67 Parciale...