SENIOR MASCULINO 3ª DIVISIÓN-XORNADA 17
FUNDACIÓN CULLEREDO, 66-DIMOLK XIRIA ARTAI, 57
Parciais: 14-16;27-23;43-39; 66-57
DIMOLK XIRIA ARTAI (16+7+16+18):Luciano (5 - 1 Tripla), Xabi (15 -1 Tripla), Tato (20 -3 triplas), Jota (0), Eduardo (0), Fran (5 -1 tripla), Cancela (2), Otero (0), Mario (0), Samuel (11- 1 Tripla), Souto (2) e Adrián Pereira ().
INCIDENCIAS:Encontro correspondente a décimo séptima xornada .Partido moi importante para o Dimolk , xa que unha vitoria chegaría para asegurar a cuarta praza , que da dereito a xogar a fase final para o ascenso a Segunda Autonómica , e que grazas a vitoria de Laracha sobre Basquet Coruña , seguimos mantendo , obrigando a gañar na última xornada en casa contra Costa da Morte.
Primeira parte moi igualada na que as alternancias no marcador eran constantes , e que so a poucos minutos para o descanso unha defensa zoal dos locais poñían en apuros os nosos , facendo así que Fundación mandara no marcador o descanso por 27-23.
Tras o descanso as cousas seguirían igual que na primeira parte , moi igualadas con bo xogo por parte dos dous equipos e ca última posesión do terceiro cuarto na nosa man , con so 2 puntos arriba para os locais , Jota precipitaríase inexplicabelmente no ataque , errando o tiro e deixando 6 segundos de posesión para Fundación que co balón nas mans de Chavi ,mellor xogador dos locais e ex xogador de Xiria , que anotaría unha tripla dende 8 metros deixando o marcador ca mesma diferencia co descanso 43-38.
Esta xogada sería transcendental no encontro xa que Chavi meteríase no partido , anotando hasta 3 triplas neste cuarto , que solo encontraría resposta por parte de Tato , que se iría hasta os 20 puntos , pero que non servirían para conseguir a vitoria.
No hay comentarios:
Publicar un comentario