- SELECCIÓN GALEGA
INFANTIL MASCULINA
Mario Penedo
Varela foi
seleccionado para acudir coa Selección Galega en categoría Infantil Masculina
ao Campionato de Seleccións Autonómicas que terá lugar en Huelva dende o día 1 ata o 8 de xaneiro de 2019. Todo un logro
para o o xoven deportista carballés que fai dúas temporadas participou no
Campeonato de España en categoría minibasket .Mario forma parte da plantilla
infantil do C B Artai aínda que tamén participa co equipo cadete masculino
Todos os xogadores convocados están
citados ás 23:15h do martes 1 de xaneiro para aqueles que se integren ao grupo de viaxe en
Santiago e ás 00:15h. para os xogadores que se sumen a
expedición na localidade de Ourense.
A concentración rematará ás 06:00h.00 do martes dia 8 de xaneiro para os xogadores que abandoen a expedición
na localidade de Ourense e as 07:00h na localidade de Santiago, horarios establecido para poder
recoller aos xogadores nos lugares relacionados a continuación.
O aloxamento en Huelva correrá a
cargo da FGB e a farase no Hotel Barceló Punta Umbría Beach Resort.
Complicado o grupo no que está a
selección galega, coas grandes favoritas para alzarse co campeonato de España:
Comunidade de Valencia, Andalucía ,País Vasco e Madrid. Ademáis un calendario
caprichoso para o combinado galego:
- Galicia
contra Valencia o día 3 de xaneiro ás 09:30 horas
- Galicia
contra Andalucía o día 3 de xaneiro ás 17:30 horas
- Galicia
contra País Vasco o día 5 de xaneiro ás 09:30 horas
- Galicia
contra Madrid o día 5 de xaneiro ás 17:30 horas
- Os cruces
disputanse o día de Reis, o 6 de xaneiro.
- As finais
disputanse o día 7 de xaneiro.
Antes de partir para terras
onubenses, a selección xa estivo concentrada en Marín os días 22 e 23 de
decembro e faráno mesmo os días 27 e 28.
No hay comentarios:
Publicar un comentario