Este ano a Federación Galega de Baloncesto organiza a liga de Baby Basket na que poden participar todos os xogadores nacidos nos anos 2009, 2010 e incluso 2011. Este novedoso formato arrancará a partir do mes de novembro e permitirá "debutar" aos máis cativos dos clubes de baloncesto e das escolas deportivas.
Algunhas das principais características desta nova competición son as seguintes:
- Os partidos serán de 4X4 e os equipos estarán compostos por un mínimo de seis xogadores e un máximo de dez.
- Os partidos constarán de dúas partes de doce minutos.
- Será unha competición de carácter zonal.
- Non hai resultados nin clasificacións.
- Os partidos serán cada quince días ou cada mes e en cada xornada xogaranse un mínimo de dous.
No hay comentarios:
Publicar un comentario