CONVOCATORIA CETI
Mario
Penedo foi seleccionado para acudir ao Ceti de
Tecnificación para nenos nados nos anos 2005, que organizará a FGB en Santiago
de Compostela o Domingo día 21 de febreiro de 2016 nas instalacións do Colexio
M. Peleteiro sito en Monte Redondo-Castiñeiriño.
Todos os xogadores convocados están citados ás 09:30 h nas
instalacións do Colexio Peleteiro(no pavillón de patinaxe que está ao carón do
Salón de Actos).
A concentración rematará ás 14:00h do mesmo día, horario
establecido para poder recoller aos/as xogadores/as nas instalacións do Colexio
no mesmo pavillón onde comeza a concentración. Os/as convocados/as deberán vir
provistos/as do equipaxe do seu club para o adestramento. Os pais/nais/titores
dos/as seleccionadas terán unha Charla-coloquio dende as 11:30h ata ás 13:30h
na instalacións do Colexio, dita charla é de asistencia obrigatoria para os
asistentes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario