CRÓNICA
DO FIN DE SEMANA
Fin de semana moi intenso
para a maioría dos equipos do club con dous días claramente diferenciados. O sábado,
o último día do mes de maio, catro dos equipos viaxan a Santiago para
participar nunha nova edición do Día do Minibásquet. O pavillón de Fontes do
Sar acollerá a gran festa do baloncesto de base galego e para alí iran os
cincuenta xogadores do club nuna xornada que arranca ás 09:30 horas e rematará ás
oito da tarde. Os carballeses marcharán para Santiago ás 07:50 horas.
O do domingo é outro cantar
e con moito en xogo. E vamos por orden cronolóxico. Os primeiros en xogar serán
os benxamíns nos cuartos de final da Copa Primavera. O benxamín A xoga ás 11:00
horas en Agra II contra o equipo B do CB Culleredo. En caso de victoria,
lembramos que a fase final será en Carballo na mañán do domingo día 8 de xuño.
E as 12:30 horas, a gran
final alevín, onde os xogadores de Jordi tratarán de derrotar ó Salgado Montrove.
O partido ás 12:30 horas en Agra II.
E para rematar a xornada
matinal do domingo, as infantiles de Iván Villaverde xogan a volta dos cuartos
de final ante o equipo de Los Rosales na Coruña. As carballesas vencerán por 78
a 21 e se non sucede nada raro, disputarán a fase final o vindeiro sábado en
Carballo.
XII DÍA DO MINIBÁSQUET-SANTIAGO DE COMPOSTELA
Os horarios dos
partidos son os seguintes:
ALEVÍN MASCULINO-ARTAI A
CB Artai A-Rosalía
Pío XII ás 09:30 horas na pista 8
CB Artai A-Fedesa ás
14:45 horas na pista 9
ALEVÍN FEMENINO-ARTAI B
CB Artai B-Fontiñas
ás 09:30 horas na pista 3
CB Artai B-La Salle
ás 14:45 horas na pista 7
CB Artai B-CB Arxil D
ás 17:00 horas na pista 8
BENXAMÍN MASCULINO-ARTAI C
CB Artai C-Pío XII
Fedesa ás 10:15 horas na pista 7
CB Artai C-Cluny ás
16:15 horas na pista 6
CB Artai D-López
Ferreiro ás 18:30 horas na pista 5
BENXAMÍN MIXTO-ARTAI D
CB Artai D-Inmaculada
ás 10:15 horas na pista 6
CB Artai D-López
Ferreiro ás 18:30 horas na pista 6
No hay comentarios:
Publicar un comentario