Arranca a edición da Copa Galicia para os tres equipos
presentes neste torneo. Os tres debutan na casa, disputando os seus respectivos
partidos en Carballo. Xunto a eles os infantiles, busacndo o ascenso á liga
galega.
Abren a competición os alevíns de Jordi Iglesias que
xogan o sábado ás 12:00 horas ante o Jesuitinas da Coruña no pavillón
Bergantiños. Competición e formato novo de xogo onde os carballeses teñen un
equipo moi novo (so un dos xogadores é alevín de segundo ano)
A mesma hora debutan os cadetes. Situados no grupo C,
os de Joaquín Moreira debutan ante o Seis de Nadal, un dos equipos referentes a
nivel galego no seu coidado e mimo coa canteira e cos xogadores máis novos. A
cita no pavillón da Zona Escolar. Nas filas carballesas mantense o plantel da
temporada pasada, coa incorporación de Alex Gesto, procedente do CB Laracha.
Media hora máis tarde, ás 12:30 horas e en Santiago,
os infantiles de Diego Rivas afrontan os cuartos de final da fase de ascenso a
categoría infantil. O rival, o “coco” da fase, o CB Culleredo, claro favorito
para facerse cunha das dúas prazas de ascenso. O partido no pavillón
compostelano de Lorenzo de la Torre.
Para o domingo ás 12:00 horas queda o debut do junior
de Javier Cotelo. Os carballeses tamén xogan no pavillón da Zona Escolar e
reciben o Porriño BB. Os carballeses afrontan o partido con moitas cara novas,
pois estrénanse co equipo Xoel, procedente do Meco de O Grove, xunto a Darío e
Alberto, ambos das escolas de Baio.
EQUIPO
|
COMPETICIÓN
|
XORNADA
|
RIVAL
|
HORA
|
LUGAR
|
Junior
|
Copa Galicia
|
1ª
|
Porriño BB
|
Domingo 15/09/2013
12:00
|
Zona Escolar-Carballo
|
Cadete
|
Copa Galicia
|
1ª
|
Seis do Nadal-Vigo
|
Sábado 14/09/2013
12:00
|
Zona Escolar-Carballo
|
Infantil
|
Fase ascenso
|
Cuartos de final
|
CB Culleredo
|
Sábado 14/09/2013
12:30
|
Lorenzo de la Torre-Santiago
|
Alevín
|
Copa Galicia
|
1ª
|
Jesuitinas
|
Sábado 14/09/2013
|
Bergantiños-Carballo
|
Junior y cadete está puesto al revés, un saludo!
ResponderEliminarcorrecto
ResponderEliminar