jueves, 30 de junio de 2011

Diario dos Xogos: dia 3

Queda menos; dous dias de adestramento, hoxe pola tarde e mañan pola maña, o sabado como dia de descanso e o domingo a coller o bus rumbo a Matosinhos. Mañan pola mañan tocara reparto do material ( a ver si ninguen se esquece del na casa) e tamen sacaremos a foto oficial coas autoridades. Para facer boca, deixovos o enlace para poder ver as instalacions e a foto onde xogaremos os partidos da primeira fase


miércoles, 29 de junio de 2011

Diario dos Xogos: día 2

Xa queda menos; tres sesións de adestramento, os últimos retoques e a coller o bus para Matosinhos o domingo pola mañán. Moi probablemente a partida sexa cedo, ás oito e media da mañán. Un pequeno madrugón para chegar a tempo á ceremonia de inauguración dos Xogos. O que vos deixo hoxe son algunhas fotos do hotel no que vamos a estar, no AC Porto.

martes, 28 de junio de 2011

Diario dos Xogos: Dia 1

Comezamos neste blog a conta atras para a nosa participacion nos IX Jogos do Eixo Atlantico, que nesta edicion se disputa na localidade portuguesa de Matosinhos. Neste primeiro post, xunto coas imaxes do torneo, temos que engadir a lista dos dez elexidos, xunto cos suplentes. Deste modo a lista de convocados e a seguinte:

Bases: Jorge Guillamet e Fernando Mariño (Capitan)
Escoltas: Carlos Villarin, Manu Pereira e Fidi
Aleros: Xabi, Sergio e Javi Garcia
Pivots: Lolo e Carlos Fuentes

Os suplentes son, por este orden: Marcos Suarez, Jaime Sueiro, Diego Taibo e Ruben Pastoriza.

O equipo volve a adestrar o mercores as 09:30 no pavillon da Zona Escolar

Para obeter toda a informacion podedes consultar as seguintes paxinas:




viernes, 17 de junio de 2011

Diego Mallo e Andrés Puente convocados coa selección galega



CONVOCATORIA SELECCIÓN GALEGA INFANTIL MASCULINA

Os xogadores do equipo infantil, Andrés Puente e Diego Mallo foron convocados para o adestramento da seleción galega que terá lugar o sábado 18 de xuño ás 09:45 no pavillón municipal da Estrada.


A lista completa de convocados podela ver neste enlace:

CONVOCATORIA SELECCIÓN

lunes, 13 de junio de 2011

Subcampeonato de Copa para os alevíns


FINAL COPA CORUÑA ALEVÍN

CB Culleredo, 55-CB Artai, 40

Os últimos en rematar a temporada foron os alevíns, quenes na final da Copa, caían derrotados, por segunda final consecutiva, ante o equipo de Xosé Durán. Non estiveron finos os xogadores do tandem formado por Ivan e Jordi, con moitos altibaixos no seu xogo e no seu rtimo anotador. Pese a iso, non foi mala a temporada para os carballeses, cuartos na liga e cos dous subcampeonatos das últimas datas. Felicitar ó CB Culleredo, pola excelente progresión ó longo da temporada

A Copa Coruña cadete queda en Carballo

COPA CORUÑA-CADETE MASCULINO-SEMIFINAL

C.B.ARTAI 79 - B.C.A. 51

Cuartos: 16-8/22-14/22-9/19-20

Parciais: 16-8/38-22/60-31/79-51.

C.B.ARTAI: Jorge(4),Mariño(21,1t),Sergio(13,2t),Javi(14),Fuentes(7) - inicial - Fidi,Villarin,Pablo,Manu(6),Dani(2) y Xabi(12).

B.C.A.: López(12),Montero(3),Dorrío(3),Vidal(10),Albo - inicial - Bello(3),Carreta(4),Quiroga,Souto,Justo(2) y Escobar(14).

Incidencias: Moi boa entrada no pavillón da Zona Escolar, con máis de 200 aficionados nas gradas. O equipo de Diego Rivas lograba o seu pase á finalísima da Copa Coruña, tras vencer ó equipo coruñés, nun partido no que sempre levou a

Iniciativa no xogo e no marcador. A gran rotación de banquillo e a forte defensa imposta durante todo o partido, permitiron os carballese es diferencia final

COPA CORUÑA CADETE-Final.

C.B.ARTAI 69 - SANT-YAGO 62

Cuartos: 18-12/23-12/15-23/13-15.

ParciaIs: 18-12/41-24/56-47/69-62.

C.B.ARTAI: Jorge(14),Mariño(17),Sergio(11,3t),Xabi(7),Fuentes(4) - inicial -Javi(1),Fidi(8,2t),Jose(5),Villarin,Pablo,Manu(2) y Dani.

SANT-YAGO: Cebral(4),Iglesias(4),Millán(8,2t),Cortés(9),Freire(16) - inicial - Escariz,Regueira,Conde,Álvarez,F.(2),Fraga,Álvarez y Barreiro(19,2t).

INCIDENCIAS: Gran entrada de aficionados no pavillón da Zona Escolar de Carballo, nunha mañan de domingo moi caluroso. Despois do título acadado polo equipo infantil o pasado fin de semana,os cadetes non querían ser menos e lograron a Copa Coruña, nunha disputadísima final, entre dous dos equipos que mellor se coñecen esta temporada. Amas formacións levaban xogados, ata a final seis partidos (dous no torneo Apertura, dous no cruce para liga galega e dous na liga). Por tal motivo, tanto Diego, adestrador local, como Felix por parte dos coruñeses sabían perfectamente o tipo de xogo do rival. Aína así, sorprenderon os colexiais nuha primeira parte excelsa, sublime no asepcto defensivo e cun acerto na liña exterior impropio dunha final, ond epriman os erros sobre os acertos. Cunha renta de dezasete puntos ían os dous equipos para o vestiario. Non sabemos o que dixo Felix no intermedio, pero os coruñeses sairon con outra actitude, con outra mentalidade e puxeron o medo no corpo os carballeses, que vían como pouco a pouco a diferenza se reducía. Aínda así, os locais aguantaron o pulso dos coruñeses e lograban o triunfo e o título, o segundo para as vitrinas do club carballés en menos dunha semana.

As mellores imaxes do VIII Día do Minibásquet





Como ben sendo norma nos últimos anos, os nosos equipos rematan a actividade baloncestística coa participación na festa anual do baloncesto. Nesta cita, no multiusos do Sar, alá fomos os catro equipos de base, coa inestimable axuda de Iván Villaverde, todo o sábado para Santiago.

O de menos foron os resultados, onde houbo de todo. O mellor o feito de compartir experiencias cos xogadores dos outros equipos e pasar un día de festa.































































viernes, 10 de junio de 2011

Os números para o VIII Día do Minibásquet



Mañán é un día de festa para o baloncesto, coa celebración do VIII Día do Minibásquet. 98 equipos, 104 partidos, 1400 xogadores e 19 buses por toda Galicia. Que todo saia ben

miércoles, 8 de junio de 2011

Cada vez máis cerca de Matosinhos


Cada vez estamos máis preto de participar na novena edición dos Xogos do Eixo Atlántico, que nesta ocasión terá lugar en Matosinhos. Deixovos o logo dos xogos e o programa

martes, 7 de junio de 2011

Horarios provisionais para este fin de semana

Último fin de semana de competición para os equipos do CB Artai. Os carballeses teñen un fin de semana, que comeza xa na tarde noite do venres, do máis animado. Unha final segura, a que terá como protagonistas ós alevíns frente ó CB Culleredo, todo un clásico esta temporada pois xa levan seis enfrontamentos (5 a 1 para os carballeses, pero sendo o último favorable ós de Xose Durán, na final da fase intercomarcal). A cita, o domingo ás 12:00 no pavillón Agra II da Coruña.

O outro equipo que pode chegar á final é o cadete, si ben os de Diego teñen que vencer antes nas semifinais ó Básquet Coruña (balance de 2 a 0 para os coruñeses esta temporada). A semifinal, ó venres ás 20:00 no pavillón da Zona Escolar de Carballo. A final, pasen ou non pasen os de Diego, tamén se xogaría en Carballo o domingo ás 12:00 horas.



Para o resto dos equipos, festa en Santiago con motivo da oitava edición do Día do Minibásquet. Organizado pola Federación Galega de Baloncesto, catro equipos do club participarán nesta festa do baloncesto galego no Multiusos Fontes do Sar da capital de Galicia.

















COPA CORUÑA-CADETE MASCULINO-SEMIFINAL





CB Artai-Autocares J.Pombo BCA, o venres 10 de xuño ás 20:00 horas no pavillón da Zona Escolar de Carballo






Final Copa Coruña-O domingo día 12, ás 12:00 horas no pavillón da Zona Escolar de Carballo


COPA CORUÑA ALEVÍN MASCULINA-FINAL


CB Culleredo-CB Artai, o domingo 11 de xuño ás 12:00 horas no pavillón de Agra II da Coruña


Saida ás 10:30 horas do Haley en coches




VIII DÍA DO MINIBÁSQUET


Horario de partidos prebenxamíns


CB Artai C-Franciscanos 2001 ás 12:30 na pista 4


CB Artai C-Santa Baia B ás 18:30 horas na pista 1


Horario de partidos benxamíns


CB Artai A-Peleteiro ás 13:15 na pista 6


CB Artai A-Rosalía de Castro ás 18:30 horas na pista3



Horario de partidos alevín masculino


CB Artai A-Fontiñas ás 09:30 na pista 1


CB Artai A-Rosalía de Castro ás 14:45 horas na pista 8



Horario de partidos alevín femenino


CB Artai A-Cluny ás 09:30 na pista 8


CB Artai A-CB O Grove ás 15:30 horas na pista 2


Saída para Santiago en bus: 07:55 horas do Haley en bus


Chegada a Carballo: 20:15 horas ó Haley


A organización dalle a cada xogador o almorzó,o o xantar e a merenda. Os xogadores teñen que levar a equipación do club, a camiseta de quencemento e o chándal do colexio.

Os cadetes xa están en semifinais na Copa Coruña


Victoria moi traballada dos xogadores de Diego na "sauna" onde tiveron que xogar na tarde do sábado. A calor, asfixiante durante todo o partido, foi a nota do partido.

LICEO LA PAZ 39 - C.B.ARTAI 48

Cuartos: 10-9/6-13/9-16/14-10.

Parciais: 10-9/16-22/25-38/39-48.

LICEO LA PAZ: Docampo(10,2t),López(14,2t),Otero,Penroz,Comendeiro(6) - inicial - Gil,Campillo(6),González,Alonso y Rodríguez(3).

C.B.ARTAI: Mariño(6,1t),Sergio(15,1t),Javi(11,1t),Fidi,Fuentes(12) - inicial - Pablo,Villarin(2) y Taibo(2).

sábado, 4 de junio de 2011

Otra serie de fotos, por cortesía de Santi Pena

Victoria e campións da Copa Galicia


O CB Artai A cubriu, na tarde do sábado, unha páxina de ouro na curta historia do club. Os xogadores de Cotelo, venceron no partido de volta ó Liceo por un marcador de 79 a 42. O técnico carballés engadiu unha nova muesca o seu dilatado curriculum e demostrou que neste pobo segue e a ser quen máis sabe deste deporte.

CB Artai(21-14-20-24): Jaime (4), Jorge (18), Manu Pereira (8), Dani (10), Xabi (17)-cinco inicialManu Brandón (4), Marcos, Aitor (2), Andrés (8), Diego (8), Sergio e Alex.

Liceo Casino (9-19-4-10): Peña (13), Pérez (5), Pérez (6), García (2), Patiño (8)-cinco inicial-Nogueira (2), Frieiro(2), Abalo e Serqueira (4).

Arbitros: Pérez e Collazo do Colexio Coruñés. Sancionaron ós locais con 18 faltas e os visitantes con 21.Eliminado García por parte liceísta.

Incidencias: Máis de trescentos aficionados nas gradas do pavillón da Zona Escolar de Carballo, cun importante número de seguidores pontevedreses.

Non houbo sorpresa en Carballo. Os xogadores de Pablo Vila tiñan que remontar 21 puntos de diferencia ante o equipo de Cotelo, pero éste, pese a importante renta do partido de ida, non deu opción ó seu rival. E iso que o partido comezou frío, cos dos equipos atenazados polos nervios, con moitos balóns perdidos e con moitas imprecisións. Pero os locais, cunha afición entregada e como non, cun sensacional traballo defensivo comezaron a poñer distancia no marcador. So un baixón no xogo, mediado o segundo cuarto, permitiu o acercamento dos de Vila que cehgaron ó tempo de descanso sete abaixo (35-28).

Pero como é norma nos partidos desta temporada, o ritmo que impón Cotelo os seus partidos, fai que os rivais nalgún momento do mesmo cometan máis erros dos normais. E iso sucedeu no terceiro cuarto, onde o parcial o di todo,20-4 e a festa na grada.

viernes, 3 de junio de 2011

Fin de liga para o equipo infantil A, con victoria en Arteixo




Dezaoito partidos despois,o CB Artai A, o primeiro dos equipos infantiles do club puxo o punto e final a liga cunha victoria en Arteixo, ante o equipo local, por 57 a 71. Os xogadores de Cotelo poñen, deste modo, o epílogo a unha liga provincial na que venceron nos seus dezaoito partidos de competición